CRTVG

Buscar

Feijóo insiste en que a unión do voto no PP é a única opción de goberno

Publicado o 08/11/2019 21:32

O Partido Popular de Galicia pechou campaña na Coruña. Alberto Núñez Feijóo insistiu en que un cambio é posible se se une o voto no PP porque é a única maneira, dixo, de que España teña un goberno respetuoso coas industrias, as infraestruturas e o financiamento de Galicia. Pola súa banda, Pablo Casado dixo no mitin de peche de campaña en Madrid que desde que Pedro Sánchez goberna todos os datos económicos se afunden, e que é necesario apoiar os populares para que retorne a moderación e o sentido común, ante a gravidade da situación que se vive en Cataluña. Casado lembrou que os populares son un partido autonomista e constitucionalista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019