CRTVG

Buscar

Feijóo insiste en "abrirlles as portas" aos dirixentes de Ciudadanos

Publicado o 18/02/2020 21:05

Feijóo mantén que non irá en coalición co partido laranxa pero que o PP, insiste, está aberto a todos. Feijóo facía estas declaracións antes da primeira das xuntas directivas provinciais que van celebrar nesta precampaña. 

Precampaña das eleccións autonómicas.

Feijóo reúnese co PP provincial da Coruña. Na Coruña, o presidente dos populares galegos anunciou unha campaña distinta, que fuxirá, dixo, do enfrontamento entre bloques de partidos, e que non canse a ninguén despois de tantas eleccións seguidas. Feijóo dixo que queren explicar o seu proxecto e dicir á xente que o 5 de abril se votará entre dúas opcións.

Noticias web

18/02/2020