CRTVG

Buscar

Feijóo informa de que xa autorizaron a sinatura dun convenio con entidades financeiras para que agricultores e gandeiros cobren un anticipo das axudas da PAC

Publicado o 29/05/2020 15:24

Alberto Núñez Feijóo acaba de informar tamén de que xa autorizaron a sinatura dun convenio con entidades financeiras para que agricultores e gandeiros cobren un anticipo das axudas da PAC. 

O presidente da Xunta anunciou, ademais, que o Goberno galego acaba de aprobar 16 millóns de euros para o comercio, o turismo, os servizos ou o transporte. Con esta achega prevén apoiar a que 27.000 autónomos ou pequenas e medianas empresas poidan instalar medidas de protección para traballadores e clientes. 

Máis acordos. A Xunta aprobou hoxe a contratación das primeiras obras do novo hospital público da Coruña. Nesta chamada fase cero do proxecto investiranse trece millons de euros para crear unha nova área de hospitais de día, construirase unha nova planta de hospitalización e ampliaranse os servizos de urxencias e as camas de coidados intensivos.

 

Noticias web

29/05/2020