Feijóo inaugura en Vigo Mindtech, a feira do sector do metal
Publicado o 10/09/2019 15:43
As novas tecnoloxías e a robótica están tamén presentes na feira Mindtech do sector industrial, que se celebra en Vigo ata o xoves. É a primera edición dun evento que aspira a converterse en todo un referente para o sector do metal.
O presidente da Xunta inaugurou este encontro internacional, onde participan máis de 200 expositores. Alberto Núñez Feijóo celebrou a organización desta feira a prol dun sector que representa máis do 21% do PIB de Galicia.