CRTVG

Buscar

Feijóo: "Hai que decidir entre un Goberno que xestione como en Galicia ou como en Cataluña"

Publicado o 26/04/2019 17:08

Os populares galegos pediron esta mañá dende Lugo o voto para Pablo Casado. Din que hai moitas razóns para que mesmo os simpatizantes do PSOE os apoien. Feijóo cre que se decide se queremos unha España xestionada como Galicia ou unha España xestionada como Cataluña.

Pablo Casado estivo esta mañá en Valencia para apoiar a candidata do PP á Generalitat, é para incidir no que está en xogo nestas eleccións; nada máis nin nada menos, dixo, que o futuro de España. Casado indicou que o PP renovado chega coa forza da ilusión para gobernar para todos, creando emprego, subindo as pensións e baixando os impostos. 

 

Noticias web

26/04/2019