Feijóo reclama desde Andalucía máis fondos para os servizos públicos
Publicado o 24/10/2021 14:39
O presidente da Xunta finalizou a súa visita oficial a Andalucía reclamando máis recursos económicos para que as comunidades autónomas poidan xestionar mellor os servizos públicos. Interveu, xunto ao presidente andaluz, nun acto de apoio á alcaldesa de Marbella Ángeles Muñoz, que será reelixida por sexta vez.
Alberto Núñez Feijóo e Juan Moreno Bonilla defenden a revisión do sistema de financiamento autonómico, aínda que Galicia quere que se prime o despoboamento e Andalucía todo o contrario. O presidente da Xunta considera que se pode ser leal a España e á propia comunidade e destaca a importancia dos gobernos estables.