Feijóo fai balance das contas de 2020 e di que "Galicia volveu cumprir"
Publicado o 15/04/2021 16:27
A Facenda galega pechou 2020 cun déficit do 0,1 %, é o terceiro menor endebedamento de todas as comunidades.
O presidente da Xunta recalca a importancia deses datos nun ano marcado pola covid e en que a Xunta mantivo os pagamentos na metade do prazo do resto de autonomías e no que un de cada cinco contribuíntes se acolleu á suspensión de impostos outorgada pola Axencia Tributaria de Galicia.