CRTVG

Buscar

Feijóo: "Espero que o Goberno funcione mellor que o Entroido da investidura"

Publicado o 14/01/2020 18:19

O presidente da Xunta agarda que o novo executivo non dea tanta inestabilidade como deu o PSOE, di, dende o 2018.

"Eu espero que o Goberno funcione mellor do que vivimos nos últimos meses neste Entroido e teatriño ao que asistimos todos os españois", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Ás ministras galegas deséxalles acertos diante da situación económica actual e dálle este consello a Yolanda Díaz.

"Non é bo xogar coa estabilidade e coa seguridade laboral. Polo tanto, agardo que non faga o que dixo que non ía facer e que as cousas que atopou que funcionaban en España, como a creación de emprego, se manteñan", asegurou o presidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2020