CRTVG

Buscar

Feijóo: "España non pode tropezar por terceira vez co PSOE"

Publicado o 17/04/2019 21:45

Alberto Núñez Feijóo defende que o PP é o único partido con ideas, experiencia e equipos para gobernar ao día seguinte das eleccións. Feijóo dixo que o PP é partido da xestión, mentres que o PSOE é sinónimo, dixo, de paro. 

Pablo Casado estivo esta tarde en Mallorca. Reiterou que estas eleccións son transcendentais, porque Pedro Sánchez, sinalou, xa ten un acordo cos independentistas encarcerados para indultalos e formar goberno con eles.

O candidato do PP debullou o seu programa electoral, que impulsará o emprego, a baixada impositiva ás clases medias e aos autónomos, a suba das pensións ata un 15 por cento, e a ampliación da prisión permanete revisable a cinco delitos máis..

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019