Feijóo envíalle unha carta a Sánchez para pedirlle que tome medidas que eviten o peche de Alcoa San Cibrao
Publicado o 16/12/2019 21:06
O presidente da Xunta envioulle esta tarde unha carta a Pedro Sánchez en que lle traslada a súa preocupación pola situación que atravesa Alcoa San Cibrao por culpa do encarecemento da electricidade.
Núñez Feijóo insta o Goberno en funcións a que active as medidas necesarias para garantir a competitividade das empresas electrointensivas. E pídelle que se poña en contacto coa dirección de Alcoa para intentar evitar o peche, parcial ou total, da factoría da Mariña.