CRTVG

Buscar

Feijóo, en Valencia: "O BOE parece o programa electoral do PSOE"

Publicado o 08/04/2019 22:18

Alberto Núñez Feijóo estivo esta mañá nun acto de precampaña en Vilarreal canda a presidenta dos populares na comunidade valenciana, Isabel Bonig.

Nunha visita á fabrica de Porcelanosa, Feijóo defendeu que fronte á trampa da división está o valor seguro da unidade, a estabilidade e a responsabilidade que só pode ofrecer, dixo, o PP. Pediu unir as forzas para que haxa un goberno que non dependa dos independentistas e criticou a Pedro Sánchez por falar de políticas sociais mentres os seus feitos, segundo Feijóo, só teñen fins electorais.



 

Noticias web

08/04/2019