Feijóo e Pablo Casado fan un chamamento a unir o voto arredor do Partido Popular
Publicado o 01/11/2019 00:55
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, abriu a campaña electoral en Vigo, onde fixo un chamamento a unir o voto arredor do PP. "Se somos capaces de unirnos, haberá un goberno que nos leve a unha España que funcione", dixo. Pola súa parte, Pablo Casado, candidato á presidencia do Goberno polo PP, asegurou en Sevilla que o PP representa a "estabilidade" fronte aos "extremismos" de PSOE e Vox, que só traen "crispación".