CRTVG

Buscar

Sánchez pídelles aos presidentes autonómicos o apoio á prórroga do estado de alarma

Publicado o 17/05/2020 09:17

O presidente da Xunta e os xefes dos executivos autonómicos que lidera o PP reiteraranlle a Pedro Sánchez a súa negativa a apoiar unha eventual nova prórroga do estado de alarma, a quinta, que se prolongaría ata o final da etapa de transición, durante o mes de xuño.

Sánchez trasladaralles aos presidentes autonómicos na videoconferencia a súa intención de pedir un mes máis de prórroga da alarma, pero con novas condicións, como que sería asimétrica, polo que aqueles territorios que cumpran as condicións sanitarias superarían antes a situación. Tamén se compromete a manter a xestión conxunta coas administracións autonómicas.
Os presidentes autonómicos tamén recibirán explicacións das novas condicións de flexibilización na fase 0, na fase 1 e na nova fase 2 á que acceden Formentera nas Baleares e A Gomera, A Graciosa e Hierro nas Canarias.

Núnez Feijóo exporá na xuntanza que Galicia estará preparada para pasar canto antes á fase 2.