CRTVG

Buscar

Feijóo e Calviño destacan o potencial de Galicia para estar na vangarda do 5G

Publicado o 10/09/2019 14:51

Galicia e Andalucía son as comunidades elixidas polo ministerio para comezar a ver como na práctica a tecnoloxía do futuro pode mellorar a nosa calidade de vida. En Galicia probarase en oito eidos, que van dende a supervisión ferroviaria mediante drons ata facer un diagnóstico oftalmolóxico a distancia. Nadia Calviño anunciou que prevén aprobar o mes vindeiro outra convocatoria de axudas para novos proxectos de 5G.

"Esta nova convocatoria terá un orzamento de ata 45 millóns de euros, tamén financiados con fondos comunitarios, e Galicia poderá beneficiarse de novo destas axudas para poder situarse nunha posición destacada no 5G", asegurou a ministra.

Alberto Núñez Feijóo confirmou que Galicia optará a esas axudas e defendeu que a traxectoria da nosa comunidade demostra o seu empeño en estar conectada.

"Imos seguir apostando polo 5G porque aspiramos a ser das primeiras rexións europeas con servizos avanzados que posibilita esta tecnoloxía, porque mellora aspectos como a calidade dos servioz públicos", dixo Feijóo.

O presidente explicou que Galicia foi a primeira comunidade que aprobou un plan para estender esta tecnoloxía e que grazas a el xa hai outros nove proxectos en marcha en que están traballando os principais operadores.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019