CRTVG

Buscar

Feijóo e Bugallo percorren o Camiño para animar os peregrinos a facer a ruta

Publicado o 01/07/2020 15:33

A catedral de Santiago e albergues do Camiño volven recibir dende hoxe peregrinos. Para celebrar esta reapertura, o presidente da Xunta e o alcalde compostelán percorreron o último treito da ruta xacobea.

Para animar os camiñantes a volver á ruta, Alberto Núñez Feijóo e Xosé Sánchez Bugallo fixeron hoxe o treito que une o Monte do Gozo coa Catedral. No Obradoiro agardábaos o arcebispo de Santiago e, por casualidades da vida, o primeiro peregrino que recolle a primeira compostela poscovid.

 

 

 

 

Noticias web

01/07/2020