CRTVG

Buscar

Feijóo di sobre os votantes de Vox: "Espero que voten co PP en vez de coa Falanxe"

Publicado o 02/05/2019 20:38

O Partido Popular de Galicia reuniu esta tarde o seu Comité de Dirección para estudar o resultado das eleccións xerais e preparar as municipais e europeas do 26 de maio.

Alberto Núñez Feijóo afirma que houbo un erro de estratexia e de posicionamento político na campaña electoral que lles causou un dano notable en toda España. Non obstante, insta os seus a reaccionar nas municipais e nas europeas.

Este mediodía xa dixera que os 85.000 votantes que tivo Vox en Galicia xa puideron convencerse do beneficio que lle fixeron ao PSOE. 

Di Feijóo que ao non apoiaren o PP converteron o PSOE en primeira forza e espera que nas próximas se sintan máis cómodos cos votantes do PP ca cos da Falanxe.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "85.000 votos de Vox reverteron en cero escanos. O efectos son catro senadores máis para o Partido Socialista, un deputado máis para o PSOE e ser a forza máis votada o PSOE. Pero agora ninguén discutirá que votar a Vox é para que goberne o PP. Votar a Vox é para que non goberne o PP. Pero estou convencido de que a maioría dos votantes de Vox prefiren estar no PP que ser acompañantes de elctores da Falanxe. Dentro ou fóra do Goberno español, pero todo parece indicar que Podemos vai a apoiar o Goberno e, adicionalmente, ninguén sabe o que vai facer Ciudadanos. Coas cousas así, parece que ata xuño non falaremos do goberno".

 

Noticias web

02/05/2019