CRTVG

Buscar

Feijóo di que se o Goberno quere falar de harmonización fiscal debe facer propostas

Publicado o 27/11/2020 21:08

Alberto Núñez Feijóo di que se o Goberno quere falar de harmonización fiscal debe facer propostas e insiste en que semella que quere igualar os impostos das comunidades subindo os das que os teñen máis baixos.

"Subir impostos é unha cousa, harmonizar os impostos e establecer franxas de máximos e mínimos é outra. Se o Goberno nos aclara o que quere facer, entón poderemos contestar con concreción. Pero neste momento, o que está por riba da mesa, ou polo menos o que nós entendemos, é un incremento á alza dos impostos autonómicos para que os impostos dalgunhas comunidades, moi altos, non teñan dificultades para competir con outras comunidades que teñen impostos máis baixos ou máis modestos", dixo o presidente da Xunta de Galicia.

Noticias web

27/11/2020