CRTVG

Buscar

Feijóo di que Sanidade informará con "transparencia e rigor" sobre o brote da Mariña

Publicado o 06/07/2020 14:46

"Imos seguir sendo implacables coas medidas para preservar a saúde dos cidadáns, e eu pido un pouco de proporcinalidade e de responsabilidade. Xa empeza a haber altas na Mariña e a idade media dos infectados é de 35 anos, polo tanto, estamos cun brote entre poboación nova e sa. Fixéronselles tests as máis de mil persoas ingresadas en residencias de terceira idade da Mariña e están todas sen virus. Sanidade vai ter unha reunión diaria cos alcaldes, polo tanto transparencia e rigor en todo o que fagamos como ata agora. Non creo que se deba facer política cun virus", afirmou Alberto Núñez Feijóo.



 

Noticias web

06/07/2020