CRTVG

Buscar

Feijóo di que Sánchez empeorou a economía máis aínda que Zapatero

Publicado o 08/11/2019 15:17

O presidente do Partido Popular de Galicia insistiu en Vigo en que a única maneira de cambiar o Goberno de Pedro Sánchez por outro que non desprece a Galicia é unir no PP todos os votos do cambio.

Alberto Núñez Feijóo asegura que o executivo de Pedro Sánchez empeorou a economía máis aínda que o de Zapatero. O candidato do Partido Popular, Pablo Casado, pediulles aos votantes do centrodereita e aos desilusionados coa deriva de Pedro Sánchez que apoien nestas eleccións a súa candidatura.

Casado dixo que o PP é o único que defende a Constitución, porque outros, en referencia a Vox, só o fan por partes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019