Feijóo di que o PP é o único partido que pon por diante os intereses de Galicia
Alberto Núñez Feijóo continuou esta tarde na Coruña a rolda de reunións coas direccións provinciais do PP para presentar a súa candidatura á reelección. O líder dos populares asegura que a política económica do PP é "máis emprego e menos impostos".
Feijóo acusa o Goberno central de "forrarse" coa suba da luz porque, di, o 75 % son impostos. Reclama tamén criterios claros no repartimento dos fondos europeos Next Generation e quéixase de que unicamente o seu partido poña por diante os intereses de Galicia.
"Vimos agradecer os votos que nos prestaron para isto. Déronnos a súa confianza para isto. Non nos deron a confianza para dicir non a todo ou si a todo. Déronnos a confianza para a xestión dos intereses dos galegos", di Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular de Galicia.