Feijóo di que o PP é "garantía de crecemento e unidade" en Galicia tras a pandemia
Publicado o 29/08/2021 20:13
Os populares volveron abrir na provincia de Pontevedra o curso político, desta volta cun auditorio limitado a 500 persoas por mor da pandemia, da que Galicia sairá, defendeu Feijóo, escoitando os expertos. A nosa comunidade, engadiu, quere ser líder na UE dunha recuperación económica sólida.
Feijóo reivindicou a unidade do seu partido, a casa grande en que collen todos e que non lle ten medo ás modas, dixo. O PPdeG seguirá coa renovación dos seus órganos provinciais e nas cidades coa receita de sempre, afirmou, escoitando a xente.
Os populares, defendeu Feijóo ante Pablo Casado, teñen a obriga de mandar a Pedro Sánchez a onde mandaron a Pablo Iglesias a través das urnas.