CRTVG

Buscar

Feijóo di que o Goberno non pode impoñer restricións tras "hibernar"

Publicado o 08/06/2021 13:37

O presidente da Xunta critica os cambios de criterio do Goberno e di que o ministerio non pode impoñer restricións para toda España cando deixou nas mans das comunidades a xestión da pandemia ata agora.

"Resulta que o Ministerio (de Sanidade) apareceu no mes de xuño para resolver o treito final da pandemia cando hibernou durante a segunda e terceira onda epidemiolóxica e desapareceu. Un pouco de respecto polos comités clínicos e polo seguimento da pandemia por parte das comunidades autónomas. Se estivemos para o peor, parece razoable que non nos impoñan no momento final da pandemia ou polo menos que o acorden", afirmou Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Noticias web

08/06/2021