Feijóo di que Galicia opta pola segunda dose de AstraZeneca se hai doses garantidas
Publicado o 19/05/2021 14:57
O presidente da Xunta insiste en que a segunda dose de AstraZeneca está avalada por organismos como a Axencia Europea do Medicamento e pídelle ao Ministerio que aclare se vai haber vacinas para todos os que xa puxeron a primeira desta farmacéutica.
"Temos que ter claro que a EMA e ficha do fármaco permiten manter a segunda dose, que hai moitos países, como o Reino Unido que mantiveron a segunda dose para toda a poboación e que necesitamos subminitración", afirma Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.