Feijóo di que Galicia cumpre as condicións para retirar a máscara no exterior
Publicado o 31/05/2021 15:14
Alberto Núñez Feijóo xa avanzara hai semanas o debate sobre o futuro do tapabocas. Hoxe, dixo que Galicia cumpre as condicións para ir pensando na retirada da máscara en exteriores nos próximos días.
Porén, o presidente da Xunta lembrou que o uso deste elemento de protección depende dunha lei estatal.