CRTVG

Buscar

Feijóo di que en Galicia votar Ciudadanos ou Vox é o mesmo que votar PSOE

Publicado o 07/11/2019 15:17

Alberto Núñez Feijóo dixo que en Galicia votar Ciudadanos ou votar Vox é o mesmo que votar Partido Socialista. Foi nun mitin onte á noite no teatro Jofre de Ferrol, onde o líder dos populares galegos estivo a piques de accidentarse ao subir ao escenario.

E Pablo Casado reclamou en Murcia a concentración do voto no Partido Popular de todos aqueles que queiran que a legalidade constitucional se reinstaure en Cataluña.

Para o candidato á presidencia polo PP, a única solución para que España retorne á normalidade é que o os populares lideren un goberno que recupere a confianza e o prestixio internacional do noso país.

Noticias web

07/11/2019