Feijóo di que confía nunha solución para a planta de San Cibrao tras reunirse co comité de Alcoa
Publicado o 23/10/2020 15:32
Unha das empresas que están pasando por un momento de incerteza é Alcoa San Cibrao.
O presidente da Xunta e mailo vicepresidente segundo e conselleiro de Economía reuníronse hoxe en Cervo co comité de empresa para analizar a situación da planta.
Antes da xuntanza Feijóo insistía en que o obxectivo do goberno galego é manter os empregos.