Feijóo di que a FP "vai seguir sendo a estrela da educación non universitaria"
Máis do 55 % por cento dos alumnos galegos escollen FP antes que bacharelato. Os centros integrados, o do barrio de Recimil, en Ferrol, con ciclos de Soldadura, Automoción ou Mobles, adáptanse ás demandas das empresas da comarca na que están, o que lles garante aos alumnos na maioría dos casos un emprego no mesmo lugar onde fan as prácticas.
Para o inicio do curso en secundaria, o presidente da Xunta escolleu visitar este centro para destacar a revolución da FP nos últimos anos e as oportunidades laborais que pode supoñer en zonas con altas taxas de paro como Ferrolterra. Alí dixo que a Formación Profesional "vai seguir sendo a estrela da educación non universitaria".
Feijóo dixo que a Xunta xa traballa nunha estratexia para potenciar os centros referencia en FP, buscar unha oferta de módulos máis flexible, adaptada ao mercado e impulsando a implicación das empresas.