CRTVG

Buscar

Feijóo di que a FP será "estratéxica" para a recuperación económica

Publicado o 21/06/2021 15:05

A un día de que rematen as clases, o presidente da Xunta agradece a toda a comunidade educativa o seu esforzo neste curso para manter as clases presenciais. Mensaxe durante unha visita ao Instituto Politécnico de Vigo, onde recrean unha maqueta perdida do arquitecto Antonio Palacios sobre o seu proxecto de cidade.

Feijóo dixo que a Formación Profesional será estratéxica na recuperación económica: "O 95-97% dos alumnos que finalizan os estudos de F. P. atopan traballo nun prazo dun ano ou, como moito, de 24 meses".

Noticias web

21/06/2021