CRTVG

Buscar

Feijóo di que a advertencia da CE xustifica a transferencia a Galicia da autoestrada

Publicado o 24/09/2021 13:14

O presidente da Xunta cre que a advertencia de Bruxelas sobre a prórroga da concesión da AP-9 xustifica a petición do Goberno galego, e de todo o Parlamento, de transferir a xestión da autoestrada a Galicia.

Feijóo sinalou que a advertencia da Comisión Europea afecta a varias prórrogas na A-9, máis alá das realizadas baixo os gobernos de Adolfo Suárez, Felipe González ou José María Aznar. "Tamén sucedeu baixo o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, coa ampliación da ponte de Rande e a circunvalación de Santiago", dixo o presidente da Xunta.

Sobre o procedemento aberto, Núñez Feijóo cre que "moita operatividade e moito impacto non vai ter: un aviso para que non volva ocorrer", afirmou.

Noticias web

24/09/2021