Feijóo destaca o traballo de CCOO durante os 40 anos de autonomía
Publicado o 04/05/2021 16:26
O presidente da Xunta destacou esta mañá o traballo do sindicato Comisións Obreiras durante os 40 anos de autogoberno. Dixo que era firme e construtivo
. No congreso da federación de servizos á cidadanía do sindicato, Alberto Núñez Feijóo, loou o papel desta organización nos acordos para a convocatoria de oposicións ou para conseguir que os empregados públicos se convertisen en funcionarios de dereito.