CRTVG

Buscar

Feijóo destaca o papel do emprendemento feminino

Publicado o 26/06/2020 14:43

Alberto Núñez Feijóo di que o emprendemento feminino é clave para loitar contra a desigualdade. Nun encontro con empresarias, o presidente da Xunta dixo que Galicia é a comunidade con máis mulleres autónomas.

Durante a conversa con catro emprendedoras puido escoitar as súas necesidades tras a pandemia. Pilar fai queixos artesanais; Bibiana, implantes para animais; Sofía, cosmética orgánica, e Inés, deseño téxtil.

Todas coinciden en que en Galicia hai capacidade para reinventarse se se aposta pola mellora da conexión a Internet ou a conciliación. O presidente destacou o seu papel na nosa economía. Seis de cada dez persoas que lideran a actividade emprendedora en Galicia, dixo, son mulleres.

"O emprendemento feminino cremos que é clave para loitar contra a desigualdade machista e fundamental desde o punto de vista da conciliación e económico. Queremos que o colectivo de mulleres emprendedoras sexa cada vez máis grande e máis estable é o que hai que facer é seguir desburocratizando a administración pública, desde o punto de vista económico, de emprego, de permisos, afirmou.

Segundo Feijóo, cómpre apoiar proxectos viables e lembrou as axudas que a Xunta ten en marcha para facilitarlles ás empresas, por exemplo, a venda en liña.

Noticias web

26/06/2020