Feijóo denuncia arbitrariedade na repartición das axudas estatais aos negocios afectados pola pandemia
Publicado o 26/03/2021 19:45
Xa coñecemos como repartiu o Goberno os 7.000 millóns de euros en axudas directas para os negocios máis afectados pola pandemia.
Para Galicia son case 234 millóns e medio, unha cantidade que está lonxe do que a Xunta considera que lle correspondería á comunidade.
Sobre a achega que recibirá Galicia do fondo para autónomos falou o presidente da Xunta. Feijóo di que o Goberno volve repartir os cartos entre as comunidades dun xeito arbitrario.