CRTVG

Buscar

Feijóo defende un "rexionalismo europeo" fronte aos que "inventan fronteiras"

Publicado o 29/06/2021 19:45

Os peches da fronteira entre Galicia e Portugal pola pandemia tiveron importantes consecuencias sociais e económicas das que se falou hoxe nun encontro en Vilanova de Cerveira en que participaron Alberto Núñez Feijóo e a ministra lusa de cohesión territorial, Ana Abrunhosa. 

A Xunta e o Goberno portugués defenderon que hai que aproveitar os fondos europeos para fortalecer a unión da eurorrexión en todos os eidos. A ministra de Portugal dixo que hai que destinar máis recursos ás zonas da fronteira e o presidente galego reivindicou un rexionalismo europeo.

"Así entendo o rexionalismo europeo, que fai que as nosas nacións teñan un desenvolvemento harmónico e solidario. Así interpretado o rexionalismo europeo axuda a que gran mosaico de Europa logre unha imaxe coherente onde non quede esquecida ningunha das súas realidades. Nesta hora de Europa os nacionalismos que inventan fronteiras imaxinan agravios e buscan inimigos son ameazas certas ao proxecto europeísta", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

29/06/2021