CRTVG

Buscar

Feijóo defende as medidas na hostalería: "A solución menos mala porque a outra é pechar"

Publicado o 27/07/2021 15:51

As normas e as restricións na hostalería non van cambiar de momento. O presidente da Xunta di que a maioría dos países da Unión Europea están a adoptar o modelo implantado en Galicia de esixir certificado de vacinación ou test negativo da covid para acceder ao interior de bares e restaurantes.  

Alberto Núñez Feijóo lembra que a alternativa a esixir eses certificados en concellos de alta incidencia sería o peche. "Lamentablemente", dixo, a hostalería segue sendo "un factor de risco" para a transmisión do coronavirus e considerou que a presentación de probas negativas ou de certificados de vacinación para acceder ao interior dos locais nos municipios con peores datos son "a solución menos mala".

Núñez Feijóo sinalou que os casos actuais corresponden principalmente a franxas de idade máis novas, "onde non puidemos chegar coa vacinación", como é a de 16 a 20 anos. Con todo confiou en que "a próxima semana" Galicia tocase" o teito" da quinta onda e entre unha meseta que dea paso a unha diminución de casos activos.

 

Noticias web

27/07/2021