CRTVG

Buscar

Feijóo defende a súa xestión fronte ás criticas socialistas

Publicado o 26/06/2019 16:16

O presidente da Xunta defendeu este mércores a súa traxectoria á fronte do Executivo autonómico durante os últimos dez anos e advertiu que pode seguir o Parlamento "máis tempo" do que prognostican os seus rivais.

Durante a sesión de control da cámara galega, o PSdeG esixiu un balace dos tres mandatos dos populares fronte á Xunta ante o que Núñez Feijóo dixo que "despois de tres maiorías absolutas consecutivas, os primeiros oito anos xa teñen balance, o balance inapelable dos galegos nas urnas e -recordou- agora queda aínda o balance que os galegos van facer no ano 20".

"Remitámonos ao balance dos galegos no ano 20 mentres vostede e eu discrepamos cordialmente", subliñou Núñez Feijóo en resposta ao voceiro dos socialistas no Hórreo a quen lle deslizou que "imos seguir véndonos no Parlamento, ao mellor, máis tempo do que vostede cre".

Mentres Fernández Leiceaga pedía un "cambio de paradigma", Feijóo dixo que "a tarxeta de presentación do PPdeG de Galicia é sacar a Galicia da crise económica, non creamos ningún problema aos galegos, intentamos manter unida a sociedade galega e conseguimos que a renda per cápita dos galegos estea no máximo histórico".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019