CRTVG

Buscar

Feijóo, declarado Visitante Notable de Mar da Prata

Publicado o 20/09/2019 21:01

A intendencia, o concello, de Mar da Prata recibiu o presidente da Xunta declarándoo Visitante Notable no primeiro acto público que realizou na cidade. O intendente asistiu despois á degustación Saborea Galicia organizada pola Xunta de Galicia para promocionar a gastronomía co cociñeiro Daniel Guzmán. A Arxentina sabe de Galicia en todos os sentidos, dixo o presidente. "A Arxentina sabe de boas carnes, de bos peixes, de bo viño, de bos produtos do campo. Pero A Arxentina sabe de Galicia", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Mar da Prata é unha cidade dun millón de habitantes que no verán chega aos tres millóns cos turistas das súas praias. Porén, era o principal porto pesqueiro da Arxentina ata que as empresas galegas chegaron aos caladoiros do sur. Pero as empresas galegas pescan agora fronte a Mar da Prata pescada negra e pota. Iberconsa mesmo ten alí unha planta de procesamento.

A Arxentina negocia o reperfilamento, como eles lle chaman, da súa débada pública. Alberto Núñez Feijóo está pedindo durante toda esta viaxe un voto de confianza tanto para a economía, para as finanzas como para a política da Arxentina. Sen dúbida a perda de poder adquisitivo e a situación macroeconómica do país vai estar presente nos tres encontros que vai manter na cidade de Mar da Prata coa colectividade galega.

Noticias web

20/09/2019