Feijóo critica que o Goberno poida incentivar empresas a regresar a Cataluña
Publicado o 08/07/2021 16:08
Feijóo defende que o goberno catalán provocou a marcha das empresas e non ve razoable pagar cos impostos de todos "esa irresponsabilidade". Sobre a posibilidade de que o Goberno incentive o retorno de empresas que no seu día marcharon de Cataluña, o presidente da Xunta asegurou que ese éxodo estivo provocado pola xestión dun executivo á fronte da Generalitat que é da mesma cor que o que hai agora mesmo.