CRTVG

Buscar

Feijóo cre que xuntar dez achegados é un risco e recomenda que as reunións sexan unifamiliares

Publicado o 03/12/2020 15:41

O presidente da Xunta acaba de valorar a proposta do Goberno para o Nadal. Alberto Núñez Feijóo cre que xuntar dez achegados é un risco alto.

Di Feijóo que é mellor ter unha recomendación do Consello Interterritorial de Saúde ca non ter ningunha. Aínda así, ao presidente do Goberno galego non acaba de convencelo a figura dos achegados, e o seu consello persoal para os galegos neste Nadal é que para celebrar as festas se xunte, se pode, unha familia de conviventes ou, como moito, dúas.

Noticias web

03/12/2020