Feijóo cre que Sánchez está facendo todo o que non se debe facer en política
Publicado o 22/07/2019 15:56
O presidente da Xunta de Galicia di que esta investidura comezou mal e que Pedro Sánchez está facendo todo o que non se debe facer en política.
"Se hai un manual do que non se debe facer desde unhas eleccións xerais, é o manual da política española desde o 28 de abril ata o día de hoxe debate de investidura no Congreso dos Deputados. Estaremos atentos ao que dea de si este debate, pero isto comezou mal", dixo Núñez Feijóo.