CRTVG

Buscar

Feijóo cre que eliminar axudas por renda conxunta é "ir contra a clase media"

Publicado o 03/05/2021 14:17

O presidente da Xunta coida que eliminar as desgravacións por facer as declaracións da renda conxuntas é unha moi mala noticia para a clase media.

"Se agora as persoas traballadoras van ter que pagar 3.400 euros máis de IRPF, isto é ir clarisimamente contra a clase media e, polo tanto, contra os traballadores asalariados", afirma Alberto Núñez Feijóo.