CRTVG

Buscar

Feijóo cre que a máscara será prescindible en exteriores "dentro de semanas, non días"

Publicado o 18/05/2021 14:19

O presidente da Xunta cre que a máscara pode ser prescindible en cuestión de semanas, non días, no exterior, pero coida que será necesaria en espazos pechados no que queda de ano.

"Entendo que no exterior non sexa imprescindible, o que non significa que non levemos a máscara sempre no peto, porque cada vez que entremos en calquera lugar pechado o lóxico é poñela, e non durante o verán, se non probablemente en todo o que queda deste 2021. Eu creo que máis que cuestión de días, será cuestión de semanas", dixo Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

18/05/2021