Feijóo cre que a evolución da covid-19 en Galicia é boa, pero "non se pode cantar vitoria"
Publicado o 16/11/2020 17:20
O presidente da Xunta recoñeceu que a tendencia da pandemia en Galicia semella ser boa, pero di que "aínda non se pode cantar vitoria".
Feijóo ten a vista posta nun prazo: cando se cumpran os 15 primeiros días das restricións que impuxo o comité clínico. Confía en que, nese momento, se constaten melloras nas cifras.