CRTVG

Buscar

Feijóo convida os galegos a participar na organización do Xacobeo 2021

Publicado o 16/07/2019 08:38

O Xacobeo 2021 toma forma. Xa se presentou o plan estratéxico. Como mínimo vanse investir 250 millóns de euros. Fixa como retos alongar a estancia dos peregrinos e ampliar os lugares de visita. Vanse rehabilitar máis de 30 bens de interese cultural.

Ano e medio antes de abrir a Porta Santa, a comisión organizadora do Xacobeo comeza os preparativos. Nos vindeiros meses acondicionaranse camiños e albergues e impulsarase a promoción da ruta. Feijóo destaca o consenso de Xunta, concellos, Igrexa e Goberno central neste arranque do Xacobeo 2021.

O obxectivo da Xunta, explica o presidente, é que os efectos do Xacobeo empecen a notarse xa e que perduren, preservando o seu espírito. E anima a aproveitar a oportunidade de ter tres anos santos en once anos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019