CRTVG

Buscar

Feijóo, "consternado" polo crime de Samuel: "un asasinato brutal e irracional"

Publicado o 06/07/2021 12:58

O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo dixo este martes que non ten novidades sobre a morte do mozo Samuel Luiz, un asasinato "tan brutal e irracional" que o deixou "impactado e consternado" e para o que "non hai ningunha explicación".

"Non me atrevo a tipificalo como un problema de homofobia", asegurou o presidente da Xunta nunha entrevista na Cadena Ser, en que afirmou descoñecer a inclinación sexual do novo falecido. "O que si creo, e teñen razón os pais, é en pedir respeto para esta persona. E hai que saber qué ocorreu", insistiu.

Núñez Feijóo dixo, ao ser preguntado se hai un problema de homofobia en España, que hai "un problema de irracionalidade e de instinto asasino de quen o mate".

Feijóo afirmou que neste momento o que procede son manifestacións de repulsa como as vividas onte en toda España e que a policía investigue a causa, deteña as persoas responsables e sacar conclusións.

"Buscar algunha explicación a un acto absolutamente irracional e a un asasinato, probablemente, non digo que estea mal, pero neste momento de consternación sen coñecer exactamente cales son os detalles paréceme unha mera especulación", concluíu.

Noticias web

06/07/2021