CRTVG

Buscar

Feijóo considera que o Goberno utilizou a educación como "moeda de cambio" para aprobar os presupostos

Publicado o 20/11/2020 20:25

O presidente da Xunta coida que a lei Celaá é o xeito que ten o Goberno central de pagarlles aos nacionalistas cataláns e vascos o apoio aos presupostos. Alberto Núñez Feijóo recoñece que será de aplicación en Galicia  mentres o Tribunal Constitucional non ordene suspendela.
"A educación é unha moeda de cambio para aprobar os presupostos. Entendo que non se debe utilizar a educación para pagar o apoio parlamentario nos presupostos xerais do Estado. Nós, unha vez que se publique a lei, non imos cambiar a nosa política educativa en todo o que poidamos, pero, evidentemente, se hai preceptos básicos de obrigado cumprimento, cumpriremos mentres non haxa sentenzas do Tribunal Constitucional", afirma Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
 

Noticias web

20/11/2020