CRTVG

Buscar

Feijóo confirma que a Xunta e o Estado estudan o recurso por Meirás: "Se hai algunha posibilidade, farémolo"

Publicado o 08/03/2021 21:29

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que a Avogacía do Estado e a Asesoría Xurídica da Xunta están a estudar conxuntamente "se procede ou non" presentar un recurso contra o fallo da Audiencia Provincial da Coruña que ratificou que o pazo de Meirás é do patrimonio público, pero condenou o Estado a pagar unha indemnización aos Franco polos gastos contraídos desde 1975.

"Se hai algunha posibilidade de mellorar a sentenza, farémolo; se a Avogacía do Estado e a Asesoría Xurídica da Xunta consideran que non é recorrible desde a perspectiva xurídica, non o faremos", dixo a preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa presenza na entrega das medallas Emilia Pardo Bazán 2020. 

Noticias web

08/03/2021