CRTVG

Buscar

Feijóo bota en falta proxectos nos presupostos pero valora o gasto no Corredor Atlántico

Publicado o 14/10/2021 16:58

O presidente da Xunta bota en falta investimentos nas contas do Goberno central cara ao ano 2022. Gústalle a Núñez Feijóo o contemplado nese proxecto para o Corredor Ferroviario Atlántico, pero cre que non hai proxectos novos para as cidades galegas e que na práctica se paralizan as autovías interiores de Galicia.

Na conferencia de prensa tras o Consello de la Xunta, Núñez Feijóo fixo unha primeira análise deste proxecto orzamentario, que onte se presentou no Congreso, e destacou que, aínda que o orzamento territorializado sobe, faino sobre o último aprobado que "era o peor da historia".

En concreto, en canto aos investimentos para as autovías "este orzamento non pode ser aceptado por parte dos galegos", afirmou, aínda que hai outros proxectos "interesantes" como a mellora do corredor ferroviario atlántico de mercadorías, que é a "parte máis positiva", segundo Feijóo.

Tamén criticou que non se contemple o saída sur de Vigo, os accesos á Coruña, nin a Ourense, e "confírmase que todas os grandes investimentos en materia de autovías non tocan no ano 2022" polas escasas contías que hai para a Vigo-O Porriño, a ampliación da avenida Alfonso Molina e a ponte da Pasaxe na Coruña, a autovía da Mariña, ou a de Ourense-Ponferrada.

Dixo Feijóo que lle preocupa sobre todo a autovía de Lugo-Ourense, que está "especialmente abandonada" por parte do Goberno central, e a de Lugo-Santiago, que tiña que estar acabada no ano 2022 e pero leva anualidades ata o ano 2025.

Noticias web

14/10/2021