CRTVG

Buscar

Feijóo avanza emendas ao traspaso da AP-9 para un desconto do 25 %

Publicado o 13/02/2019 19:29

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o PP presentará unha emenda no Congreso á lei de transferencia da titularidade da AP-9 a Galicia que contemple un desconto nas peaxes do 25 % para viaxes de ida e volta no mesmo día.

Ademais, os populares propoñerán que o 1 % do prezo que aumenta anualmente a vía "se pague con cargo" aos orzamentos xerais do Estado. Así o anunciou este mércores o líder do Goberno autonómico no Parlamento galego, como resposta a unha pregunta formulada polo portavoz do Grupo Socialista, Joaquín Fernández Leiceaga, quen lle pide o apoio para "impulsar unha axenda de autogoberno" que contemple traspasos dunha "lista non pechada de 30 competencias que están noutros estatutos de autonomía" do Estado.

Pero Feijóo pediulle que "non lle cambie de conversación", xa que os orzamentos de 2019 son "lamentables" ao prever para Galicia unha baixada do investimento real que, nas súas cifras, alcanza o 26 %.

Noticias web

13/02/2019