CRTVG

Buscar

Feijóo avanza a posible apertura da hostalería a próxima semana

Publicado o 19/02/2021 13:10

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que "boa parte" de Galicia comezará a abrir a hostalería tras a reunión do comité clínico do próximo luns, se ben sinalou que haberá que ver "con que intensidade e con que horario".

Nunha entrevista na Cadena Cope, Feijóo indicou que a evolución das pandemia está indo ben e insistiu en que é preciso agardar á reunión do comité clínico do próximo luns, xa que a Xunta toma "en serio as súas opinións", e nun momento de pandemia, como é o actual, as opinións sanitarias son prioritarias.