CRTVG

Buscar

Feijóo asegura que sempre vai defender máis transferencias "nunha España única"

Publicado o 10/04/2019 15:37

Sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento. O BNG pediulle que aclare se está a favor de frear o traspaso de competencias. Alberto Núñez Feijóo respondeulle que a alianza dos nacionalistas con Esquerra e Bildu non busca máis transferencias, senón romper España.

Os socialistas preguntaron sobre os compromisos da Xunta coas residencias de maiores. O presidente asegura que triplicaron os investimentos que había cando chegaron á Xunta e que acadaron dous anos antes do previsto o obxectivo desta lexislatura de atender 60.000 dependentes.

En Marea instou a Feijóo a explicar quen pagara o adianto da viaxe dos Estados Unidos para asistir á manifestación de Madrid do pasado mes de febreiro. Feijóo presentou a factura aboada polo PPdeG e defendeu que o seu partido sempre cumpre o código ético.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/04/2019